O funcionamento democrático das Cooperativas articúlase a través dos seus ÓRGANOS SOCIAIS. Os principais son:
-A Asamblea Xeral
- O Consello Reitor
- A Intervención
A Asamblea é o máximo órgano de representación da cooperativa, establece a súa estratexia e define a política xeral da mesma, adoptando decisións sobre os asuntos máis importantes que concernen á sociedade cooperativa.
A Asamblea Xeral está formada polos socios da cooperativa, que se reúne co obxectivo de deliberar e adoptar acordos sobre aqueles asuntos que sexan da súa competencia. As súas decisións vinculan a todos os socios da cooperativa.
A través das votacións dos seus socios, a Asamblea Xeral designa ós membros dos demáis órganos sociais.
O Consello Reitor é o órgano colexiado de goberno e representación da mesma, que actúa seguindo as directrices da Asamblea e que, por suposto, se atopa suxeito á lei e ós Estatutos no seu funcionamento.
O número de conselleiros vén determinado polos Estatutos Sociais coas limitacións establecidas pola lei de cooperativas que sexa de aplicación, e elíxense pola Asamblea de entre os socios da cooperativa.
Todos os socios da cooperativa teñen dereito a presentarse a ser elexidos membros do Consello Reitor da cooperativa.
A Intervención é un órgano establecido para controlar e fiscalizar as contas da cooperativa. O control e transparencia das operación económicas das cooperativas merece especial importancia para OXI. Por iso, e como garantía de transparencia na xestión, as cooperativas xestionadas por nós disporán dunha AUDITORÍA EXTERNA para verificar as contas anuais.
Ademáis destos órganos principais, en determinadas Comunidades Autónomas, pode existir outros como o Comité de Recursos ou o Letrato Asesor, por exemplo.