CONSTRUCCIÓNS OTERO POMBO S.A. crea OXI (OBRADOIRO DE XESTIÓN E REHABILITACIÓN INMOBILIARIA) a súa nova xestora de cooperativas de vivendas e comunidades, prestando servicios técnicos e administrativos.


“Renovarse ou morrer”, esta expresión téñena clara Inmobiliarias e Bancos que en momentos difíciles como o que estamos a atravesar apostan pola innovación que lles permite desenvolverse con seguridade na incertidume que vive o sector.


Contruccións Otero Pombo, crea unha nova liña de actuación; OXI, sociedade xestora de vivendas de protección autonómica e libre. OXI dedicarase ós SERVICIOS DE ASESORAMENTO E XESTIÓN DE COLECTIVOS, cooperativas de viviendas e comunidades de bens, que elixan o sistema de autopromoción de vivendas tanto libres como protexidas.


Do mesmo xeito, pretende coidar os aspectos administrativos, xurídicos e técnicos da promoción de vivendas, a efectos de obter as vivendas co mellor precio e a mellor calidade.


Esta xestión, que ata o momento era realizada por Otero Pombo, ponse ,agora, ó servicio dos cooperativistas e comuneiros a través de OXI.
Coa creación de OXI, Construccións Otero Pombo SA pode ofrecer ós seus clientes o acceso á súa vivenda mediante cooperativa de vivendas, comunidades, sociedades se ánimo de lucro de estructura participativa que adxudican as súas vivendas a precio de custe.

® 2024 Construccións Otero Pombo S.A. Todos os dereitos reservados. | Tel: +34 981 59 77 42