DEREITOS DOS SOCIOS:
A lei e os Estatutos contemplan os dereitos que asisten a todo socio que forma parte dunha cooperativa. Destacamos os seguintes;
• Asistir, participar nos debates, formular propostas e votar as propostas que se sometan á súa consideración na Asamblea Xeral e demáis órganos colexiados dos que formen parte.
• Ser elector e elexible para os cargos dos órganos sociais.
• Participar en todas as actividades da cooperativa, sen discriminacións.
• Recibir a información necesaria para o exercicio dos seus dereitos e o cumprimento das súas obrigas.


O DEREITO DE INFORMACIÓN ten especial relevancia e OXI asesora ás cooperativas que xestiona no sentido de ofrecer a máxima transparencia na información dos socios. Como manifestación deste DEREITO DE INFORMACIÓN, o socio ten dereito a;
• Recibir copia dos Estatutos sociais e, se existise, do Regulamento de réxime interno e das súas modificacións, con mención expresa do momento da entrada en vigor das mesmas.
• Acceder libremente ós Libros de Rexistro dos socios das cooperativas, así como ó Libro de Actas da Asamblea Xeral.
• Examinar os documentos que vaian a ser sometidos á Asamblea Xeral e en particular as contas anuais, o informe de xestión, a proposta de distribución de resultados e o informe dos Interventores ou o informe da auditoría, segundo os casos.
• Solicitar por escrito, con anterioridade á celebración da Asamblea, ou verbalmente no trancurso da mesma, a ampliación de canta información considere precisa en relación ós puntos contidos na orde do día.
• Solicitar por escrito e recibir información sobre a marcha da cooperativa nos términos previstos nos Estatutos e en particular sobre o que afecte ós seus dereitos económicos e sociais.

OBRIGAS DOS SOCIOS
Os socios están obrigados a cumprir os deberes que establece a lei e os Estatutos da cooperativa.
En especial, os socios terán as seguintes obrigas:
• Cumprir os acordos válidamente adoptados polos órganos sociais da cooperativa.
• Participar nas actividades cooperativizadas que desenvolve a cooperativa para o cumprimento do seu fin social.
• Gardar segredo sobre aqueles asuntos e datos da cooperativa cuxa divulgación poida perxudicar os intereles sociais tácitos.
• Aceptar os cargos para os que fosen elexidos, salvo xusta causa de excusa.
• Cumprir coas obrigas económica que lle correspondan.
• Non realizar actividades competitivas coas actividades empresariais que desenvolve a cooperativa, salvo autorización expresa do Consello Reitor.

® 2024 Construccións Otero Pombo S.A. Todos os dereitos reservados. | Tel: +34 981 59 77 42