O recinto rodeado pola tapia que pecha a antigua fábrica de coiros de Rego do Cubeiro é moi particular.
No seu interior os distintos corpos que no seu día compoñían a fábrica forman unha pequena aldea que se desenvolve en distintas terrazas formadas por muros de pedra de trazados quebrados que se adaptan á topografía, creando rúas, prazas e plataformas con árbores froiteiras cun gran carácter e valor ambiental.