Obras rematadas

A estreita, longa e empinada Rúa Caramoniña, que se deselvolve entre o alto muro de pedra do Parque de Santo Domingo de Bonaval e os muros e fachadas arruinadas das casas e propiedades que configuran o outro lado da rúa, ofrece unha secuencia de espacios de grandísimo valor ambiental. De igual xeito, a estructura de bancadas que se desenvolve nas traseiras das casas acentúa a marcada topografía do lugar cun rico e variado trazado.

Neste lugar faise realidade por medio de elementos claramente recoñecibles, a complexa traba entre cidade e campo, o permanente diálogo das grandes estructuras coas agrupacións de caserío de menor escala e as configuracións de rueiros que liberan grandes extensións de terreo que penetran na cidade con espacios verdes.

Neste sentido, esta parcela é un residuo auténtico de todo iso, que non foi nunca edificada e podería decirse que pertence ó ambito de repecto que o Parque de Bonaval se autoconcedera.

® 2019 Construccións Otero Pombo S.A. Todos os dereitos reservados. | Tel: +34 981 59 77 42