Somos

Pedra, madeira, tecnoloxía e cidade.


Construccións  Otero Pombo S.A., en Santiago de Compostela, destaca pola calidade da súa construcción, pola súa adaptación á contorna e polo criterio de “facer cidade” que guiou a actividade da empresa  dende a súa orixe, consciente da excepcionalidade da calidade da cidade de Santiago de Compostela no territorio de Galicia.


Preparada para os retos do novo milenio, a empresa acomente nos anos 90 unha profunda especialización dos seus productos inmobiliarios, mantendo o mesmo espíritu dos seus comezos, destacando a construcción e promoción de edificios residenciais, actuando principalmente, na rehabilitación de edificios industriais (fábricas de coiros, vaquerías…etc) e actuacións en paraxes e ubicacións singulares, na cidade.


A declaración da Cidade Histórica de Santiago de Compostela como Patrimonio da Humanidade, no proxecto urbano e cultural emprendido polo goberno municipal, a aprobación do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica, recoñecido internacionalmente co Premio Europeo de Urbanismo 1997-1998 e o impulso dunha política de rehabilitación do patrimonio construido que xa é un exemplo para outras cidades, como demostra o Premio de Mellores Prácticas otorgado pola Organización de Nacións Unidas no 2002 ós programas de rehabilitación desenvoltos na cidade histórica, marcan o comezo dunha nova actividade da empresa, especializando as súas promocións e abordando intervencións inmobiliarias que signifiquen a posta en valor do patrimonio da cidade.
Esta actividade de intervención no patrimonio dende a iniciativa inmobiliaria privada, da que non existen precedentes en Galicia e só contados exemplos no panorama nacional, responde ó convencemento de que a conservación do extraordinario patrimonio que posuimos só é factible dende o traballo solidario dos seus actores, e está baseada no recoñecemento do valor do lugar, o respecto á arquitectura histórica que o tempo foi conformando na nosa contorna e á profunda convicción de que só as intervencións sensibles a estos valores manterán o patrimonio que queremos protexer.


Expertos canteiros, hábiles carpinteiros e unha estructura técnica, solvente e cualificada forman o equipo humano da empresa, que elixe a colaboración de recoñecidos arquitectos para desenvolver proxectos de especial interese na cidade histórica e nos enclaves estratéxicos seleccionados na súa contorna natural.


A primeira das novas promocións, as vivendas construidas na Vaquería do Carme de Abaixo, segundo o proxecto do arquitecto Víctor López Cotelo, obtivo o Premio Manuel de la Dehesa na VII Bienal da Arquitectura Española no ano 2003, e ata maio de 2011 moitos edificios recibiron destacados recoñecementos.


Só dende o absoluto respecto ó patrimonio construido e á riqueza do patrimonio natural de Santiago de Compostela podemos cumplir o  deber de “facer cidade” co mesmo orgullo e resultados de calidade da cidade herdada.


No espíritu da empresa non está o facer máis vivendas que outros, senón facelas mellor. Estamos satisfeitos do acadado ata agora e orgullosos de traballar con profesionais de excepcional experiencia e dedicación ó seu traballo.

® 2024 Construccións Otero Pombo S.A. Todos os dereitos reservados. | Tel: +34 981 59 77 42