Obras rematadas

A fábrica de coiros de Ponte Sarela, coñecida antiguamente como “da Riveira de San Lourenzo” foi unha das fábricas máis importantes de Santiago de Compostela, dentro da corrente industrial centrada no coiro que se produxo na cidade e que acadou o seu máximo apoxeo hacia medidados do século XIX .


A historia desta fábrica comeza en 1790, data na que se inicia a adquisición de terreos para a construcción por parte do comerciante santiagués D. Antonio Espino, quen comeza a súa construcción no ano 1791 e tras sucesivas ampliacións e cambios de propiedade chega ó S.XX no que se produce o seu peche algúns anos despois da Guerra Civil.

® 2024 Construccións Otero Pombo S.A. Todos os dereitos reservados. | Tel: +34 981 59 77 42