O lugar coñecido como “Pontepedriña de Arriba”, próximo á estrada comarcal de Santiago de Compostela a Santa Comba, xunto ó propio rio Sarela, a 2.000 metros da Praza do Obradoiro, atópase a primeira e quizáis máis extensa fábrica de coiros de cantas houbo augas abaixo do curso do río e que é motivo desta promoción.
Tamén neste caso nos atopamos ante unha contorna de variada topografía que determinou a existencia de estructuras constructivas de dispar natureza; rural, urbana e industrial así como un rico tecido de infraestructura viaria.