Ó igual que as de Ponte Sarela e Casas do Rego, a fábrica de coiros de Pontepedriña de Arriba foi unha das máis importantes de Santiago de Compostela, e claro estandarte da hexemonía deste sector industrial na metade do século XIX.

O conxunto desta instalación industrial, composta por unha serie de edificacións dentro dun perímetro totalmente pechado, que ocupa a parte baixa do contorno, rodeado de campos arboredas entre as dúas vertentes de nacente e poñente por onde discurre o río Sarela, determina, tanto pola súa distribución como pola súa dimensión e aspecto, o carácter do lugar no que se atopa, dotándoo dun alto valor ambiental, paisaxístico, arquitectónico, cultural e histórico, acadando unha expresión peculiar que lle confire o seu “genius locci”.

Esta fábrica foi vendida en Xullo de 2011 para o Centro Estatal de Formación de Rehabilitación da Fundación Laboral da Construcción de Galicia, co proxecto de Víctor López Cotelo.

® 2024 Construccións Otero Pombo S.A. Todos os dereitos reservados. | Tel: +34 981 59 77 42