Edificio no Paseo da Ferradura, no centro urbano de Santiago de Compostela, entre o casco histórico e o Campus Universitario.
O Paseo da Ferradura que bordea o Monte de Santa Susana é, dende a súa orixe, un elemento singular na cidade de Santiago. A súa condición de borde da frondosa alameda engade a súa elevada posición respecto á contorna. Esa marcada frontera topográfica confire ó parque un carácter de illa verde autónoma que impón o seu dominio visual.
O inmoble proxectado ubícase no camiño que se inicia co corpo exento da Igrexa do Pilar, ó borde da Alameda, e continúa cos edificios construidos a principios de século XX, polos arquitectos Jesús López de Rego e Antonio Palacios.